Tuesday 23 de April de 2024

Vox populi, ópera rock este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Malasombra Producións presenta a ópera rock Vox populi, dirixida por José Prieto, coa interpretación de María Costas, Paku Granxa, César Goldi, Paula Pier, Carlos Mosquera “Mos”, Bea García, Xoque Carbajal, Iria Sobrado, Celia González, Chechu Mosquera, Lorena Martín e Andrés Sandá. As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Vox populi é un espectáculo de gran formato con música e letras orixinais, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos. Vox populi fala do auxe da ultra dereita en todo o mundo na época actual e que toca unha grande cantidade de temas relacionados con este fenómeno, tales como a inmigración, as liberdades e os dereitos sociais.

VENDA DE ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-gabriel-garcia-marquez/15215–vox-populi-nec-mea-vox-de-malasombra-producions.html